Festividades da Pobra do Brollón
Aparencia
As festas e festividades do concello da Pobra do Brollón son:
Xaneiro
[editar | editar a fonte]- Festas da Santa Einés, en Parada dos Montes, cara ó 20 de xaneiro.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- Entroido de Salcedo, durante máis dunha semana.
- Entroido da Pobra do Brollón, durante varios días.
- Festas do San Brais, en Ferreiros, o 3 de febreiro.
Abril
[editar | editar a fonte]- Festas do San Antón, na Ferreirúa, o sábado seguinte ao Domingo de Resurrección.
- Festas do San Xurxo, en Eixón, o 23 de abril.
Maio
[editar | editar a fonte]- Cata do Viño de Vilachá, o primeiro domingo de maio.
- Festas de Santo Isidro Labrador, na Estación, cara ó 15 de maio.
- Festas da Santa Bárbara, en Piño, o primeiro sábado despois da Ascensión.
Xuño
[editar | editar a fonte]- Festas do Corpus, en Veiga.
- Festas do Corpus, na Pobra do Brollón, o domingo de Corpus.
- Festas do San Antón, en Lamaigrexa, o domingo da semana seguinte ao Corpus.
Xullo
[editar | editar a fonte]- Festas do Carme, na Labrada o 15 de xullo, se é domingo, ou o primeiro domingo despois do día 15.
- Festas da Santa María Madalena, na Veneira de Roques.
- Festas de Santiago Apóstolo, en Castroncelos, o 25 de xullo.
Agosto
[editar | editar a fonte]- Festas da Nosa Señora, en Óutara, o primeiro domingo de agosto.
- Festas do San Antón, en Fornelas, o segundo domingo de agosto.
- Festas de San Salvador, en Vilachá, cara ó 8 de agosto.
- Festas do Ecce Homo, en Ferreiros, o 10 de agosto.
- Festas da Nosa Señora, en Saa, o 15 de agosto.
- Festas da Nosa Señora, en Pinel, o 15 de agosto.
- Festas da Nosa Señora, en Piño, o 15 de agosto.
- Festas do Rosario, en Liñares, a mediados de agosto.
- Festas do San Roque, en Castrosante, cara ó 16 de agosto.
- Romaría da Santa Lucía, en Santalla de Rei, o penúltimo sábado de agosto.
- Festas do San Bartolomeu, en Eixón, o 24 de xullo, se é domingo, ou o primeiro domingo despois do día 24.
- Romaría do San Vitoiro, na capela do San Vitoiro, o 27 de agosto.
- Festas do San Ramón, en Salcedo, o primeiro domingo despois de San Ramón.
Setembro
[editar | editar a fonte]- Festas da Santa Lucía, en Abrence, o primeiro domingo de setembro.
- Festas dos Remedios, na Ferreirúa, o 8 de setembro.
- Festas do San Miguel, en Canedo, o primeiro domingo despois do San Miguel.
Outubro
[editar | editar a fonte]- Festas do San Froilán, en Pacios de Veiga, o primeiro sábado despois do San Froilán.
- Festas do Rosario, en Cereixa, cara ó 5 de outubro.